info@itaca.gal
PortuGaliza vai as vindimas – Portugal

PortuGaliza vai as vindimas – Portugal

Xunto @s nos@s compañeir@s de Aventura Marão Clube, Itaca, participou nun proxecto que durou case dous anos, no que se mesturaban convivencias, intercambios, e o campo de traballo Portugaliza vai ás vindimas

Co noso afán aventureiro, traballador e voluntario, partimos cara a Casa da Juvemtude  en Amarante. O cuartel xeneral de Aventura Marão, que a diferencia do noso humilde localiño do Pombal, conta cunhas instalacións, como che diría eu?Considerables.

O resumo desta actividade é bastante sinxelo, fomos a vendimar, ou apañar uva, como queirades dicilo.

Traballo duro cun só obxectivo : Apoiar a produtores ecolóxicos.

Cada día o noso autocar collía unha ruta distinta e levábanos onde cristo perdeu non unha nin dúas, se non tres chanclas. Alí atopábamos a unha ou varias persoas que decidiran emprender no mundo da agricultura ecolóxica, a ben chamada antes da revolución industrial: Agricultura.

A actividade ten un nome que invita a pensar que tan só vendimábamos, pero non é así, tamén axudamos a productor@s de hortalizas e froitas, ademais de un gandeiro ecolóxico.

O traballo foi o normal nestes casos, labores agrícolas de todo tipo, unhas mais pesadas que outras, pero axudábamos a xente que se emprende por un ben común e xa se sabe, sarna con gusto non pica.

Tampouco imos a dicir que nos coidaban mal, o contrario, as comilonas que nos pegábamos nas xornadas laborais comparten un lugar moi especial nos nosos corazóns con outros recordos marabillosos.

Como todo programa enfocado cara a de xuventude, tivemos multitude de actividades de ocio e tempo libre, percorriamos a zona do Douro, visitamos Porto, etc. Todo isto é o normal nestes casos, e moi importante!, un pouco de descanso e distensión para @s voluntari@s.

O recordo quedou gravado en nós para sempre, non só por contribuír na medida do posible con traballo a estas iniciativas, se non por aprender e comprender tanto sobre a agricultura ecolóxica. Quen teña a oportunidade de vivir esta experiencia, deixará de mirar os prezos dos produtos que teñan selo ecolóxico con terror. Polo menos saben ao que teñen que saber. Dálle gusto a lingua!


Artigo publicado por

Juan Pena


Comparte esta publicación


 

Deixa o teu comentario