info@itaca.gal
Youth against stereotypes – Rumanía

Youth against stereotypes – Rumanía

Cânta cucu bată-l vina de răsună Bucovina. Cantou o cuco, resoou o latido por toda Bucovina. Cantou, si, de car..., cando chegamos @s de Itaca coma un terremoto que resoou por toda Romanía.

Eramos un grupo pintoresco : Un romántico cociñeiro italiano do Romaño, o mago acordeonista de Fontiñas, a leñadora "joteira" de Zaragoza, o místico que non vocalizaba e ata unha princesa atrapada no corpo dun economista. A moit@s soaralles bizarro, pero @s que somos de Itaca non nos estraña, é méis, preguntaríamos por ¿Quen era o raposo en todo este conto? E ten resposta.

Un lugar, a casiña. Un clima, o inverno. Un tema, os estereotipos. Un que facer, cantar e veña a cantar, deunos pola cantareira, tanto que ata aprendimos romanés, ou non Haiduk?!

Arredor dos estereotipos, fixemos mesas redondas, foros, debates, e todos apuntaban á fría personalidade d@s eston@s, o vivalavida d@s italian@s, a promiscuidade d@s español@s , e que @s ruman@s son gitan@s, falando en prata. En qué rematou todo? @s eston@s cantaban, falaban, brincaban e tiñan moito que aportar. @s italian@s aman a cultura clásica e facían todo o posible por dárnola a coñecer e Romanía é un pobo que loita por construír algo novo, apostan por avanzar. Itaca aportou o seu coñecemento preferido : Galicia sitio distinto, xente distinta. Ao que sumada desta vez a forza aragonesa, quedoulles claro que España non é senón outra cousa que unha mini Nacións Unidas.

Normalmente estes programas europeos teñen apartado un día para a presentación da cultura de cada grupo. @s itaqueir@s somos galeg@s si, pero o noso parecer a cultura presentase con actitude, non con chapas nin powerpoints, e que mellor actitude que un grande xogo! Dispuxemos todo o día para un grande xogo empregando toda a finca, con varias probas e co fin de rescatar á princesa, si si, a do corpo de economista. Bo, alucinaron, pasárono teta, quedoulles claro, Galicia e Aragón  xente distinta.

Multumesc.


Artigo publicado por

Juan Pena


Comparte esta publicación


 

Deixa o teu comentario