info@itaca.gal

ITACA, é unha illa no mundo dende 1982 que se sitúa na Cidade Vella de Compostela. Nela desenvólvense e organízanse actividades de portas abertas, campamentos de verán, rutas de sendeirismo, talleres, visitas, xogos, actividades europeas... sobre a base da educación non formal.

Seguindo a tradición exploradora da asociación, Itaca trasladouse a principios dos anos 90 á Rúa do Pombal, onde, non sen suor e esforzo, creou a ludoteca que agora é o espazo coñecido na cidade de Compostela como ITACA.

A Asociación Cultural e Xuvenil ITACA promove actividades didácticas e lúdicas para nen@s, moz@ e adult@s: campamentos de verán, obradoiros, todo tipo de xogos, noites abertas e lúdicas, celebracións, artes alternativas, intercambios xuvenís... todo isto baseándose na educación non formal.

Acción. Igualdade. Educación. Medio ambiente. Cooperación. Xogo. Participación. Pacifismo. Voluntariado. Integración. Cultura. Tradición. Galiza. Europa. Mundo.

O obxectivo non é ofertar servizos á comunidades senón promover a existenza dun espazo onde persoas (individuos, familias, nenos, mozos, educadores…) poidan reunirse e desenvolver proxectos e ideas colectivamente.

Con base en Santiago de Compostela, capital de Galiza, Itaca contribúe ao desenvolvemento socio-cultural da cidade promovendo unha actitude activa de cara á cidadanía.

ITACA axuda aos mozos e mozas a participar da sociedade civil.

ITACA é unha república anárquica dentro do contexto legal, onde a asamblea de membros e educador@s é quen toma as decisións por consenso.

ITACA promove a democracia e o asamblearismo en todas as súas actividades, xestión e organización.

ITACA é un círculo onde calqueira persoa ten dereito a falar, escoltar e sentirse incluído.


Novas recentes

Así foi o Nadal Xandobeleiro

Canto houbo que facer no tempiño de Nadal!

Ler máis

Festa de sam valentim

Os Barbitúricos apresentam o seu novo single para Lixo Urbano o 13 de Fevereiro no nosso Centro Social. O trio picheleiro de punkis de postal celebra o lançamento de “Escravos da Moda” na noite de S. Valentim tocando na casa e rodeado de grupos de amigos.

Ler máis

Entroido 2016

O turistren do entruido saiu a visitar as afamadas rúas de Compostela!

Ler máis