info@itaca.gal

Na actualidade programamos actividades ao longo do curso escolar que culminan no campamento de verán que, todos os anos alá polo mes de xullo, visita un enclave diferente da xeografía galega para exploralo a ritmo de calcetín e coñecer as súas xentes e paisaxes. Tamén organizamos tres roteiros (un por trimestre), actividades de convivio no local, onde arte e cultura teñen un protagonismo fundamental: música e baile, a tradición galega, a ludoteca aberta para as familias con nenos e nenas, o ioga...

Participamos en proxectos de ámbito europeo do máis variado.

Ofertamos a posibilidade de colaborar con nós de maneira activa como membro educador, como participante nas actividades que se desenvolven, como soci@, en familia, ou individualmente.

Nesta sección podemos atopar a posibilidade de coñecer un pouco máis Itaca e abrimos para publicacións e artigos que nos acheguen un pouco á actualidade da asociación.

Itaca está viva e activa!

Novas recentes

Así foi o Nadal Xandobeleiro

Canto houbo que facer no tempiño de Nadal!

Ler máis

Festa de sam valentim

Os Barbitúricos apresentam o seu novo single para Lixo Urbano o 13 de Fevereiro no nosso Centro Social. O trio picheleiro de punkis de postal celebra o lançamento de “Escravos da Moda” na noite de S. Valentim tocando na casa e rodeado de grupos de amigos.

Ler máis