Portugaliza
Podedes atopar toda a información e material multimedia sobre a participación de Itaca no proxecto Portugaliza no blog http://portugalizapuntoeu.blogaliza.org/
DIALOGUE FOR TOMORROW
Podedes atopar toda a información e material multimedia sobre a participación de Itaca no proxecto Portugaliza no blog https://dialoguefortomorrow.wordpress.com/activities/5th-meeting-galizia/
Youth against stereotypes – Rumanía
Cânta cucu bată-l vina de răsună Bucovina. Cantou o cuco, resoou o latido por toda Bucovina. Cantou, si, de car..., cando chegamos @s de Itaca coma un terremoto que resoou por toda Romanía.
Eramos un grupo pintoresco : Un romántico cociñeiro italiano do Romaño, o mago acordeonista de Fontiñas, a leñadora "joteira" de Zaragoza, o místico que non vocalizaba e ata unha princesa atrapada no corpo dun economista. A moit@s soaralles bizarro, pero @s que somos de Itaca non nos estraña, é méis, preguntaríamos por ¿Quen era o raposo en todo este conto? E ten resposta.
Un lugar, a casiña. Un clima, o inverno. Un tema, os estereotipos. Un que facer, cantar e veña a cantar, deunos pola cantareira, tanto que ata aprendimos romanés, ou non Haiduk?!
Arredor dos estereotipos, fixemos mesas redondas, foros, debates, e todos apuntaban á fría personalidade d@s eston@s, o vivalavida d@s italian@s, a promiscuidade d@s español@s , e que @s ruman@s son gitan@s, falando en prata. En qué rematou todo? @s eston@s cantaban, falaban, brincaban e tiñan moito que aportar. @s italian@s aman a cultura clásica e facían todo o posible por dárnola a coñecer e Romanía é un pobo que loita por construír algo novo, apostan por avanzar. Itaca aportou o seu coñecemento preferido : Galicia sitio distinto, xente distinta. Ao que sumada desta vez a forza aragonesa, quedoulles claro que España non é senón outra cousa que unha mini Nacións Unidas.
Normalmente estes programas europeos teñen apartado un día para a presentación da cultura de cada grupo. @s itaqueir@s somos galeg@s si, pero o noso parecer a cultura presentase con actitude, non con chapas nin powerpoints, e que mellor actitude que un grande xogo! Dispuxemos todo o día para un grande xogo empregando toda a finca, con varias probas e co fin de rescatar á princesa, si si, a do corpo de economista. Bo, alucinaron, pasárono teta, quedoulles claro, Galicia e Aragón xente distinta.
Multumesc.
PortuGaliza vai as vindimas – Portugal
Xunto @s nos@s compañeir@s de Aventura Marão Clube, Itaca, participou nun proxecto que durou case dous anos, no que se mesturaban convivencias, intercambios, e o campo de traballo Portugaliza vai ás vindimas
Co noso afán aventureiro, traballador e voluntario, partimos cara a Casa da Juvemtude en Amarante. O cuartel xeneral de Aventura Marão, que a diferencia do noso humilde localiño do Pombal, conta cunhas instalacións, como che diría eu?Considerables.
O resumo desta actividade é bastante sinxelo, fomos a vendimar, ou apañar uva, como queirades dicilo.
Traballo duro cun só obxectivo : Apoiar a produtores ecolóxicos.
Cada día o noso autocar collía unha ruta distinta e levábanos onde cristo perdeu non unha nin dúas, se non tres chanclas. Alí atopábamos a unha ou varias persoas que decidiran emprender no mundo da agricultura ecolóxica, a ben chamada antes da revolución industrial: Agricultura.
A actividade ten un nome que invita a pensar que tan só vendimábamos, pero non é así, tamén axudamos a productor@s de hortalizas e froitas, ademais de un gandeiro ecolóxico.
O traballo foi o normal nestes casos, labores agrícolas de todo tipo, unhas mais pesadas que outras, pero axudábamos a xente que se emprende por un ben común e xa se sabe, sarna con gusto non pica.
Tampouco imos a dicir que nos coidaban mal, o contrario, as comilonas que nos pegábamos nas xornadas laborais comparten un lugar moi especial nos nosos corazóns con outros recordos marabillosos.
Como todo programa enfocado cara a de xuventude, tivemos multitude de actividades de ocio e tempo libre, percorriamos a zona do Douro, visitamos Porto, etc. Todo isto é o normal nestes casos, e moi importante!, un pouco de descanso e distensión para @s voluntari@s.
O recordo quedou gravado en nós para sempre, non só por contribuír na medida do posible con traballo a estas iniciativas, se non por aprender e comprender tanto sobre a agricultura ecolóxica. Quen teña a oportunidade de vivir esta experiencia, deixará de mirar os prezos dos produtos que teñan selo ecolóxico con terror. Polo menos saben ao que teñen que saber. Dálle gusto a lingua!
ROPE - Tie yourself to this (Eu)rope
I é aquí que voltamos a Amarante de intercambio. No 2009 foi o grupo de monitor@s encargado de tirar da asociación ata o de agora, mais desta volta, mandamos o futuro. Desfíxose o grupo de maiores e convertéronse en monitoras capaces de ir soíñas polo mundo adiante e participar nunha actividade compartindo experiencia con outras culturas. Non é marabilloso?
O intercambio solicitaba un/unha líder que levase a rapazada a Amarante, pero en Itaca, como somos mais brav@s, fomos ata aló liderad@s por unha valente rapaza que non tusiu á hora de decidir ser ela quen tomase a responsabilidade. Orgullos@s do noso.
@ vella garda de monitor@s non foi o intercambio, deixando así paso o novo grupo, fortalecendo a súa unidade, responsabilidade e madurez, recuperando o prestixio do relevo xeracional do que en Itaca levamos tanto tempo apostando como sistema educativo.
Aventura Marao sacou neste intercambio todos os seus medios para realizar un programa cheo de actividades de tempo libre: Escalada, canoaxe, paintball, trekking, etc. Estes si que saben.
Nós, disfrutamos de pernoita no monte, aprendendo así un pouco de vixilancia contra incendios e actividades semellantes .
O proxecto non foi só un éxito pola programación, senón que nós, Itaca, foi moi enriquecedor observar como @s aprendices d@s que foron no seu tempo tamén aprendices aprenderon a aprenderlle a futur@s aprendices. Deste xeito, longa vida a Itaca!