Se es unha persoa con inquedanzas culturais, educativas, que se preocupa polo seu entorno e quere compartir esas barrenadas de cabeza cos demais; que ten vocación de colaborar, que ve na educación non formal un modo de cambiar as cousas, que pensa que o auténtico e xenuíno queda en recunchos como Itaca, onde todo é posible se o sentes na cabeza e no peito... Sen dúbida formas parte do que entendemos como un bo prototipo de membro educador.
Con Itaca poderás viaxar, coñecer xente miúda, xente maior, e xente da túa idade, aprender de todos eles e de ti mesma, compartir...
Anímate a formar parte da equipa!